Mércores 22, chuvias xeneralizadas, localmente fortes nas últimas horas do día

21 Outubro 2025

A aproximación dunha nova fronte activa polo norte intensificará a circulación do suroeste, un vento que seguirá achegando moita humidade. A xornada agárdase de ceos moi nubrados en xeral e con precipitacións máis probables na metade oeste. Nas últimas horas co paso da fronte as chuvias serán xeneralizadas e localmente fortes en todo o territorio. As temperaturas apenas terán cambios. O vento do suroeste soprará moderado en xeral, con refachos fortes no litoral norte, sendo forte en todo o territorio nas últimas horas do día.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do noroeste á noite, forza 4 a 5 á mañá e 4 a 6 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...