Isabel Risco achega ao público de Boiro, este venres 17, o regreso de “Nabiza Girl”

15 Outubro 2025

Isabel Risco estará este venres 17 de outubro, ás 21.00 horas, no Centro Social de Abanqueiro (Boiro), presentando ante o público local Nabiza Girl II: As aventuras de Nabiza Girl: o extraño caso da cultura minguante, unha representación teatral para público adulto.

Venda de entradas dende unha hora antes da función.

A superheroína máis irreverente de Galicia está de volta. Nabiza Girl, a nosa loitadora do rural, regresa ao ataque con máis forza, máis humor e máis ganas de dalo todo. Nesta nova aventura, terá que enfrontarse a inimigos insospeitados para loitar contra a desaparición da cultura.

Nesta nova odisea a superheroína pasará por un feixe de situacións disparatadas nas que Nabiza deberá empregar todas as súas habilidades para sobrevivir e vencer ao inimigo para salvarnos.

Trátase, en palabras de Culturactiva, “dunha comedia valente, destemida, arriscada e chea de sorpresas nun espectáculo cheo de feminismo, reivindicación do galego e do noso medio; pero cargado, sobre todo, de gargalladas e humor”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.