Estendese a toda Galicia o programa de cribado de cancro de pulmón tras o éxito da experiencia piloto na Coruña

27 Outubro 2025

Todas as persoas de entre 55 e 74 que sexan fumadoras ou deixasen de fumar nos últimos dez anos serán convocadas para realizar probas diagnósticas.

O Consello da Xunta aprobou este luns a ampliación a todo o territorio galego do programa piloto de detección temperá do cancro de pulmón, tras analizar os bos resultados obtidos na área sanitaria da Coruña.

Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a decisión baséase na eficacia do proxecto inicial, no que 273 persoas foron chamadas a participar e o 72 % acudiron á cita, detectándose cinco casos de cancro, a maioría en fase inicial, así como outros problemas de saúde relevantes.

O programa está dirixido a persoas de entre 55 e 74 anos que sexan fumadoras ou deixasen de fumar na última década. Todas elas serán convocadas para realizar un TAC torácico, e no caso de detectarse algunha anomalía, activaríanse de inmediato as vías rápidas para efectuar novas probas diagnósticas.

A extensión do programa permitirá chamar arredor de 49.000 persoas en toda Galicia, que serán avisadas mediante SMS ou correo electrónico. En función dos resultados, a Consellería de Sanidade valorará incorporar o cribado de cancro de pulmón á carteira estable de servizos do Sergas.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.