CONGALSA acode a Conxemar con produtos seleccionados que representan “a esencia e a versatilidade” das súas marcas

08 Outubro 2025
O ministro de Pesca, Luis Planas, saúda ao presidente de CONGALSA

CONGALSA, compañía da Pobra do Caramiñal referente na elaboración de produtos do mar conxelados, acudiu á feira Conxemar que se está a celebrar en Vigo (no IFEVI) ata este xoves 9 de outubro, cunha serie de produtos seleccionados “que representan a esencia e versatilidade” das súas marcas.

En concreto, a a empresa está a potenciar na feira as súas anillas á andaluza; as súas espetadas de lura e lagostino; o seu frito mixto; o seu gamchito panko con allo e perexil; o seu búrguer con abadexo; o seu mozza stick ou a súa empanadilla ao forno de carne.

Xunto a isto, CONGALSA pon en valor en Conxemar 2025 referencias como as mini samosas de polo ao curry ou os pasteis de bacallau, produtos que contribúen a reforzar a súa presenza en mercados internacionais.

A caseta que CONGALSA comparte no recinto feiral do IFEVI coa súa filial portuguesa, Sulpasteis,

está a recibir un gran número de visitantes. Persoas que representan aos diferentes grupos de interese da empresa e que se están achegando ata o seu espazo expositor en Conxemar para coñecer de primeira man a campaña CONGALSA, o sabor (co)manda, cuxo concepto enxalza os produtos da empresa como saudábeis e convenientes, á vez que pracenteiros.

Deste xeito, a campaña entronca co claim corporativo da empresa: A calidade de sempre, o sabor de hoxe e confire ao cualificativo de (produtos) saborosos todo o protagonismo.

Segundo sinala José Ramón Núñez, director comercial de CONGALSA, “Conxemar é o maior escaparate anual para a nosa empresa, onde compartimos espazo e presentamos ante os nosos stakeholders non soamente referencias de produto nas que queremos poñer o foco, senón tamén novidades corporativas”.

“Somos unha empresa en constante crecemento e estamos seguros de que quen nos visite estes días no noso espazo expositor -caseta 3D02- percibirá a calidade e versatilidade da nosa proposta de valor”, engade Núñez.

Para máis información sobre a campaña cómpre visitar a web de CONGALSA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.