“Basta de promesas baleiras”. José Luis Calo

19 Outubro 2025

“Non se pode vivir do aire”, é unha expresión das máis repetidas polos autónomos, e
reflicte perfectamente o sentimento de impotencia e cansazo que arrastran moitos. E
teñen razón. Porque a xente que madruga, que levanta a persiana, que traballa e paga
impostos está farta. Farta de promesas baleiras. Farta de políticos que falan moito e fan
pouco.
Agora veñen e din que eliminarán o IVE aos autónomos que facturen menos de 85.000
euros ao ano. Que van reducir papeleo, que facilitarán a vida. Xa cho dixen: prometer é
doado, pero cumprir… iso xa é fariña doutra moa.
Os autónomos galegos, que son máis de 200.000 segundo os últimos datos, están afeitos
a tirar do carro mentres outros posan nas fotos. E mentres lles prometen rebaixas fiscais,
se che atrasas cun papel, podes levar unha multa de ata 7.500 euros. ¿Isto é aliviar? ¿Ou
é seguir apretando sempre aos mesmos?
A Asociación de Autónomos advertiu que moitas das promesas feitas en campaña non
se cumpren. E é verdade: acabamos sempre co mesmo conto. Moito titular e pouca
solución. Aquí, quen máis traballa é quen máis paus leva. E xa está ben.
Falemos claro: Feijóo e o PP teñen moito discurso, pero cando gobernaron non fixeron
o que agora din que farán. E o BNG, con discursos históricos e palabras fermosas,
tampouco aproveitou as súas oportunidades cando tocou. ¿Ou xa esquecemos os brindes
en Cuba mentres aquí non se daban solucións?
No fondo, todos repiten patróns. Piden confianza, pero logo gobernan de costas á xente.
A clase media vai desaparecendo, os prezos soben sen control, os salarios non dan, os
mozos non poden independizarse, e os maiores acaban sostendo a toda a familia. “A
corda sempre rompe polo máis feble”, e aquí xa se está esgazando hai tempo.
No Parlamento galego xa se viu o que pasa cando a cidadanía se cansa: o PSOE acadou
o seu peor resultado histórico con só 9 escanos. Non é un accidente. É unha resposta
clara da xente. Porque cada vez máis galegos e galegas buscan alternativas que falen
menos e fagan máis.
O que queremos non é tanto: feitos, non palabras. Menos promesas e máis solucións.
Non se pode gobernar a base de titulares. Nin vir a Galicia só en campaña. Necesitamos
políticas útiles, medidas claras, calendarios reais e compromiso coa xente que sostén
este país.

Xa chega de vendernos fume. Xa chega de vivir do conto. Porque a xente que madruga
non pode seguir agardando mentres outros descansan nos privilexios. Galicia merece
outra política. Galicia merece respecto.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.