Barbantia presenta este venres o libro de Ánxela Gracián “Honorata e a casa das palabras gardadas”

26 Outubro 2025

A Asociación Cultural Barbantia, Edicións Trinta por uma linha, La Voz de Galicia e o Concello de Ribeira, organizan esta semana a presentación do libro Honorata e a casa das palabras gardadas, de Ánxela Gracián.

A cita será o venres 31 de outubro, ás 20:00h no Centro Cultural Lustres Rivas (rúa Manuel Manuel Lustres Rivas, 20, 2º Andar, do Concello de Ribeira). Intervirán o escritor local Antonio Piñeiro, Marta Neira (USC), a alcaldesa María Sampedro e a propia autora do libro, editado por Trinta por uma linha.

Sinopse

A autora define o libro deste xeito: “Este libro que agora tes nas mans naceu como unha homenaxe ao mundo dos gatos, animais que admiro infinitamente e dos que sempre procuro rodearme. Agora mesmo estou a alimentar unha gatiña xa moi anciá, con seis das súas sete vidas cumpridas, pero tamén cunha nova niñada de gatiños e gatiñas na barriga que pronto saltaricarán pola eira coa súa inxenuidade infantil. Veu do bosque e mírame con ese tenrura salvaxe e túzara de quen sabe que non pode confiar en ningún Ser Humano. Canda ela, achégase tamén de vez en cando outro gato vello, gordo, grandón e fero que se permite o luxo de comer o primeiro. Cando me mira, parece dicirme que é o amo do mundo e da noite. Tamén que nunca se someterá a nada nin a ninguén e que el só escoita a Vento, pois é un ser tan libre coma os gatos e gatas desta novela, que fala da natureza libertaria dos felinos, pero tamén da importancia dos libros, porque só existe o que é contado con palabras”.

A autora

Ánxela Rodríguez Rodríguez, coñecida polo seu pseudónimo artístico de Ánxela Gracián (n. San Paio de Arcos, Castroverde, 1968) é unha escritora, tradutora, crítica literaria, animadora cultural e editora​ galega. Obtivo unha licenciatura en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, pola Universidade de Santiago de Compostela.​

Autora de literatura infantil e xuvenil, traduciu Memorias de Adriano de Marguerite Yourcenar, e de diversos autores de literatura infantil ao galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.