Ambar impulsa a inclusión laboral de persoas con diversidade funcional

30 Outubro 2025

A asociación inclusiva Ambar, con centro de acción no Barbanza, continúa un ano máis co seu compromiso ca inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional na comarca. Neste senso, a entidade presta apoios especializados a persoas traballadoras con diversidade e colabora activamente con empresas inclusivas na contorna socio-laboral.

Estes apoios enmárcanse no programa de Emprego con Apoio (ECA), unha metodoloxía fundamental para o desenvolvemento da autonomía e a igualdade de oportunidades das persoas. A través de ECA, a preparadora laboral realiza un seguimento intensivo tanto á persoa como á empresa.

As accións levadas a cabo polo equipo de Ambar inclúen:

Orientación e elaboración dun programa de adaptación ó posto de traballo.

Achegamento e apoio para mellorar a relación entre a nova persoa traballadora e o equipo.

Adestramento en habilidades sociais, comunicativas e nas tarefas específicas do posto.

Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e os procesos de adaptación.

Estas actuacións son posíbeis grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, con fondos recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), destinados a financiar os custos salariais e da seguridade social dos profesionais que desenvolven o programa de Emprego con Apoio (Convocatoria TR342A do ano 2024).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.