Ábrese o prazo de votación dos Premios ABE á Excelencia Empresarial 2025

16 Outubro 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) abre este 16 de outubro o período de votación dos Premios ABE á Excelencia Empresarial 2025, que un ano máis recoñecerán o esforzo, a innovación e a traxectoria das empresas e comercios locais.

Palmarés da edición 2024 dos Premios ABE

Segundo lembra a asociación, un dos elementos que fan destes galardóns “un recoñecemento especialmente valioso” é que os premios de Mellor Comercio e Mellor Empresa son elixidos polos propios compañeiros e compañeiras empresarios/as, socios da ABE. “Son eles quen, a través do seu voto, distinguen ás empresas que destacan polo seu traballo e contribución ao tecido económico de Boiro”, salienta a ABE, lembrando que as votacións realizaranse mediante un formulario online que cada asociado/a recibirá no seu correo. A única limitación é que non se poderá votar a aquelas empresas que xa resultaron premiadas en edicións anteriores. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de outubro.

Ademais destes dous galardóns, a directiva da ABE concederá o Premio de Honra, co que se distingue a unha persoa empresaria pola súa traxectoria profesional e a súa contribución á economía local.

A gala de entrega dos premios celebrarase o 14 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria, nunha noite especial na que o tecido empresarial de Boiro volverá reunirse para poñer en valor o talento, o compromiso e a excelencia das súas empresas e na que como novidade, soamente se poderá acceder con invitación física que as empresas asociadas poden solicitar e recoller nas oficinas da ABE.

Historia dos Premios ABE

Dende o ano 2017, a ABE vén recoñecendo o labor das empresas e comercios locais a través destes galardóns:

2017 → Farmacia Cimadevila | A Pousada da Galiza Imaxinaria

2018 → Baldani Concept Store | La Doce

2019 → Super Claudio A Tenda de Pepa | Moai

2021 → The Desire Shop | Jealsa | Premio de Honra: José García Sánchez

2022 → Carnicería Moncho Boga | A Terraza do Furancho | Premio de Honra: José España Silva

2023 → Cetarea Angel Mar | Coaxial | Premio de Honra: Rosa María Teixeira Barcala

2024 → Gastrolab Arousa | Grupo JJ Chicolino | Premio de Honra: José Otero Arias

Nos vindeiros días a ABE anunciará como se poderá acceder aos convites para a gala, quen será o/a presentador/a e outras novidades sobre esta edición dos premios.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.