A Casa Veciñal de Nebra acolle este sábado unha festa de Samaín con disfraces, música, sorteos, magosto e churrascada

30 Outubro 2025

A Asociación de Nais e Pais da Escola de Nebra e a Comisión de Festas de Nebra, en colaboración co Concello de Porto do Son, van celebrar ao grande a festividade deste sábado 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, cunha gran festa de Samaín que inclúe, a maiores, un magosto.

Será este sábado na Casa Veciñal de Nebra, en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas, e incluirá actividades musicais, photocall, pintacaras, doces e castañas e o sorteo dunha cesta de agasallos.

A festa, unha cita familiar para nenos e maiores, inclúe un convite ás persoas participantes a ataviarse cun disfrace arrepiante.

A partir das 20.00 horas celebrarase unha gran churrascada amenizada polo dúo Keima.

A vertente musical prolongarase logo con DJ Cobas, que porá o punto e final á festa de Samaín da parroquia de Nebra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.