A ARE presenta nova campaña: Rianxo Latexa

10 Outubro 2025

A presidenta da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), Conchi Martínez, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, presentaron este venres 10 de outubro, no salón de actos do Concello de Rianxo, a nova campaña de dinamización comercial da patronal: Rianxo Latexa, unha das cinco iniciativas galegas seleccionadas pola Xunta de Galicia dentro do programa autonómico O teu comercio local é extraordinario.

A presidenta da ARE destacou durante a súa intervención que Rianxo Latexa é unha campaña organizada pola ARE, en colaboración co Concello de Rianxo e co co-financiamento indispensábel da Xunta de Galicia, e subliñou que esta selección “supón un orgullo e un recoñecemento ao traballo colectivo do noso comercio local e á súa capacidade innovadora”.

A campaña desenvolverase do 13 ao 18 de outubro e inclúe unha ampla programación de actividades abertas á veciñanza e visitantes: feira do comercio, xogos, inchables, animación de rúa, actuacións musicais, maxia, clown, obradoiros e degustacións.

Como incentivo ás compras, celebrarase un sorteo presencial o sábado 18 de outubro ás 21:00 h na praza de Castelao, no que se repartirán tres vales de compra de 500 euros cada un para gastar nos establecementos locais adheridos.

Durante a presentación, a presidenta da ARE quixo agradecer o apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Rianxo, así como recoñecer “a implicación e compromiso dos negocios que forman parte da asociación”, convidando tamén aos que aínda non o son a achegarse á sede da ARE “para coñecer de preto o traballo que se fai en favor do comercio local”.

Tamén tivo palabras para a veciñanza, “que segue a confiar no comercio que lle dá vida á vila”, e rematou cunha mensaxe clara: “Rianxo Latexa aspira a converterse nunha referencia sobre como o traballo conxunto entre asociacións, administración e cidadanía pode impulsar o comercio local de maneira efectiva e participativa. Animamos á prensa a acompañarnos, a difundir a campaña e a dar visibilidade ao esforzo colectivo que fai posible este proxecto”.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.