Xa podemos inscribirnos no roteiro que organizan o día 28 Rianxo e Dodro polo río Ulla

12 Setembro 2025

O programa de roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo e Dodro o vindeiro 28 de setembro cunha moi interesante ruta organizada conxuntamente entre os ditos Concellos, co obxectivo de permitir a residentes e visitantes “desfrutar da fermosa paisaxe do treito final do río e do esteiro do Ulla”. Segundo informan dende os Concellos, as inscricións están xa dispoñíbeis a través da aplicación Cluber.

O itinerario a percorrer o día 28 non é outro que o Roteiro de Sendeirismo As Brañas – Tres Cruces (desde A Lavandeira en Imo ata Rañó en Rianxo). A iniciativa conta ademais coa colaboración da Deputación da Coruña. Será o vindeiro 28 de setembro con saída ás 9.30 da mañá. Quen precise máis información tena nos teléfonos 661247136 e 689897223. As inscricións poden facerse na dita aplicación e tamén escaneando co móbil o QR do cartel desta nova experiencia de lecer deportivo e cultural de Goza do Ulla 2025.

O itinerario percorre camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por varios lugares destacados da contorna do Ulla. Destacan o conxunto de hórreos da Lavandeira, As Brañas e As Tres Cruces, onde se atopa o Vía Crucis marítimo-fluvial do esteiro do río. O traxecto permitirá aos participantes desfrutar da paisaxe do esteiro, da ría de Arousa e da marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.