Volven co inicio do novo curso os obradoiros de memoria para persoas maiores de Porto do Son

29 Setembro 2025

Volven os Talleres de Memoria para Persoas Maiores do Concello de Porto do Son, impulsados para achegar sesións de estimulación cognitiva á poboación sénior do termo municipal e mellorar a súa autonomía e o seu apoderamento, e tamén a súa calidade de vida. O servizo, orientado a persoas maiores de 55 de anos, é de balde pero con prazas limitadas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na Concellería de Benestar Social a través do teléfono 981 86 74 14. As sesións desenvolveranse os mércores no Club de Xubilados de Porto do Son (en dúas quendas: de 10 a 11 horas e de 11 a 12 horas) e nas Casas da Cultura de San Pedro (os venres ás 9.30), de Xuño (os venres ás 10.30 horas) e de Caamaño (os venres ás 11.30 horas).

Os obradoiros son impulsados cada ano pola Área de Benestar Social do Concello e van orientados, como dixemos, a persoas maiores de 55 anos dos diferentes núcleos do termo municipal. Inclúen actividades de traballo, participativas e creativas para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das parroquias e para mitigar e combater o deterioro cognitivo asociado á idade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.