Venres 26, sol e nubes e claros pola tarde

25 Setembro 2025

Galicia quedará este venres, San Cosme e San Damián, nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, co ex-furacán Gabrielle movéndose polo Atlántico.

Agárdanse néboas matinais nas zonas do interior, que darán paso a ceos despexados, con entrada de nubes altas durante a tarde.

As temperaturas manteranse sen cambios ou con lixeiro descenso(23-25 graos máximas), mentres que os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con predominio da compoñente oeste pola tarde.

O sábado estaremos na influencia da borrasca ex-Gabrielle. Agárdase unha xornada con nubes de tipo medio e alto, máis densas ao oeste, onde poderán producirse chuvias de intensidade moderada.

meteogalicia

O noso mar; Vento variable á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.