Todo listo para o Carnaval de Verán de Noia, que celebra finalmente a súa 2ª edición este venres

04 Setembro 2025

Se ben a choiva non o permitiu a semana pasada, o Entroido de Verán de Noia (Carnaval de Noia) ten todas as trazas de celebrarse este venres 5 de setembro. Será a segunda edición desta nova celebración estival, organizada por Noia en Marcha en colaboración co Concello, e a previsión é que as actividades comecen a partir das 20.00 horas. O obxectivo é achegar a cidadáns e visitantes “unha noite de música, disfraces e moita festa”.

A programación inclúe unha importante presenza de DJs locais, como é o caso de DJ Pichi, de DJ Manutxo ou de DJ Cassanova.

Tamén na zona da rúa do Curro contarase coa presenza do grupo Bafana Bafana e cunha animación de baile ao cargo do grupo Tarafa.

A Alameda de Noia, pola súa conta, contará na súa zona cunha discoteca móbil e con animación musical.

A velada, que tamén achegará actuacións no Malecón de Gasset (DJ Manutxo) e na praza da Constitución (DJ Pichi), comezará ás 20:00h, estenderase ate a 01:30h da mañá. Nese momento, dará arranque na praza do Tapal o Fin de Festa, que contará coa presenza do DJ Manutxo aos mandos da Disco Chocolate.

“Nesta edición buscamos consolidar o que apunta a ser unha cita de referencia de agora en diante no calendario de eventos noiés“, sinalou Manolo Seijas, concelleiro de festexos do Concello de Noia, quen asegurou que “nesta segunda edición, redobramos a animación musical e apostamos por dar opcións a todos e todas. Agradecemos enormemente a colaboración da hostalería, crucial na organización deste evento”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.