SEA e o Concello de Noia buscan solucións á falta de solo industrial no termo

11 Setembro 2025

Beatriz Sestayo, xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA) e o responsábel comercial da entidade estatal, Jose Rey, reuníronse na mañá deste 11 de setembro no Concello de Noia co alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e o asesor de Urbanismo, Carlos Abal, para abordar a necesidade de dotar ao municipio de novos terreos industriais. Durante o encontro, o rexedor trasladou a Sestayo a urxencia de contar con máis superficie empresarial na zona, porque na actualidade atópase esgotado e “a demanda é altísima”.

Tanto SEA como o Goberno municipal coincidiron na necesidade de avanzar sen demora para buscar axiña as mellores alternativas. Así, desde o Concello elaborarán un dossier con todas as opcións posíbeis, incluíndo aspectos como infraestruturas e accesos; e SEA encargará de contado un estudo de viabilidade.

Á saída da reunión, o alcalde asegurou que o encontro “foi moi frutífero para dar os primeiros pasos cara á ampliación do noso solo industrial. Noia leva anos freada no seu medre económico por esta eiva, e hoxe podemos dicir que xa comezamos a camiñar para resolvelo. En apenas catro semanas de goberno logramos sentar as bases deste proxecto imprescindíbel para ou futuro do noso concello”.

Pola súa banda, Beatriz Sestayo manifestou o seu total interese nesta zona “porque cremos absolutamente no seu potencial económico”. Ademais, engadiu que “a intención de SEA é promocionar o asentamento de novas empresas en Galicia, que xeren emprego e, en consecuencia, crecemento económico. “E esta zona necesita que a apoiemos porque existe unha gran demanda por parte do empresariado”. Sestayo quixo incidir en que a colaboración cos concellos é fundamental para que este desenvolvemento fágase efectivo, valorando moi positivamente este primeiro encontro.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.