Ribeira volveu concentrarse este xoves para reclamar máis persoal médico

18 Setembro 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza volveuse concentrar novamente este xoves 18 de setembro ao mediodía no Centro de Saúde de Ribeira, co obxectivo de esixir unha vez máis a cobertura do cen por cen das prazas do persoal dos ambulatorios de Ribeira e Aguiño.

Máis en concreto, reclamouse a cobertura das prazas de médicas/os de familia en Ribeira.

A plataforma recalcou que a semana pasada que “neste momento hai tres 3 prazas de 14 estruturais sen cobertura, ademais das vacacións, e 3 prazas estruturais cubertas con contratos que finalizan o 20 e o 30 deste mes”.

Como de costume, a axenda incluíu a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade.

Na cita participou (entre outros/as) o alcalde Luís Pérez Barral, que lembrou que “levamos meses mobilizándonos en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade” e que “o noso centro médico sofre unha falta crónica de profesionais, con moitos menos médicos dos que a veciñanza precisa e merece.”

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.