Rianxo ultima o dispositivo de seguridade de cara ás Festas da Guadalupe

10 Setembro 2025

Este martes 9 de setembro celebrouse no Concello de Rianxo unha xuntanza presidida polo alcalde, Julián Bustelo, para coordinar o dispositivo especial de seguridade e limpeza que se vai a realizar con motivo das Festas da Guadalupe, que comezan este venres 12. Na xuntanza participaron o concelleiro de Cultura e Festexos, Julio Alcalde, e os responsábeis do servizo local de limpeza da Policía Local.

Explicaron que durante as celebracións reforzarase o dispositivo de seguridade con patrullas da Policía Local e axentes en comisión de servizos das policías locais dos concellos de Padrón, Pobra do Caramiñal e Cambados, así como tamén participarán diferentes unidades da Guardia Civil A Coruña e a UPA de Policía Nacional en la Xunta de Galicia.

Ademais, por resolución da alcaldía ampliase en dúas horas o horario de peche ordinario dos establecementos do termo municipal abertos ao público, así como a finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante as festas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.