O Concello de Boiro continúa o programa de visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns durante o mes de setembro. O programa de visitas, realizadas polos Quinquilláns, ten como finalidade dar a coñecer a historia do inmóbel a través das personaxes que o habitaron.
As visitas do mes de setembro serán os días 5 e 12 de setembro ás 19.00 horas.
Estas sesións divulgativas comentadas están dirixidas a mostrar polo miúdo, dun xeito divertido e tamén divulgativo, os importantes tesouros arquitectónicos e ambientais do pazo e, tamén, a súa historia no tempo.
O programa vén da man do Concello de Boiro e as sesións serán conducidas novamente polo grupo Os Quinquilláns, compañía teatral especializada no teatro de rúa e infantil, que conta cunha longa experiencia recreando algúns dos fitos máis destacados da nosa historia e da nosa cultura.




