“O premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil (IV)”. Pilar Sampedro

08 Setembro 2025

No artigo anterior remataba cun “continuará” porque necesitaba seguir falando algo máis da obra Fóra de xogo de José Luís Baños de Cos. Quería contar que reproduce uns diálogos intelixentes e sensibles entre as dúas nenas, nos que a relación entre as normas do xogo, a situación, os soños e os pensamentos abren a obra á reflexión ante a opresión da muller, a guerra, as prohibicións e a dor a que se somete a parte máis débil da
sociedade nos lugares máis duros do mundo. Ese sector sempre perdedor que, a pesar de todo, busca a ocasión de sorrir e divertirse, conformándose con alegrías momentáneas e alimentando a resiliencia.


Tamén tería que dicir algo do autor, un andaluz residente en Galicia que escribe para adultos e rapazada, especialmente teatro. Conta cos premios Roberto Vidal Bolaño para mocidade en dúas ocasión.
Cando o mundo é azul de Óscar Reboiras acadou o premio na VII convocatoria. Aparece ilustrado por Carolina Nickelle Lois.
Unha historia de semellanza sinxela ata o punto de traballar co mínimo de recursos, de limitala na mesma forma na que o neno protagonista só utiliza a cor azul. O núcleo familiar é monoparental e non se fala de máis familia agás ese avó que aparece cando el ten oito anos. Só lle coñecemos a un amigo e non se citan compañeiros ou amizades da nai nin do avó tampouco. O pai é un silencio, algo do que non se fala porque semella non ser necesario. 
Trátase dun relato con varias lecturas, no que non é evidente a historia, que en ningún momento se nos explica, simplemente déixase que avance a narración con novos sucesos que achegan información ao paso.  Recolle a diversidade, nas características de Nuno (con síndrome do espectro autista), no amigo que vai en cadeira de rodas ou no tipo de familia. O neno  ten tan asimilada a súa situación que lle di ao avó: “Non es raro. Es especial, coma min”.


Hai unha poesía interna, nas conversas, na maneira de entender a realidade, nese azul co que pinta todos os debuxos (o azul do ceo e do mar), no misterio dese astrolabio que é o único agasallo que o avó lle pode facer, nas ensinanzas do avó (como só se ven as luces do ceo cando non as hai na terra).

O autor é do Barbanza (Rianxo) e non conta con obra anterior para rapazada, constituíndo esta novela a súa incursión neste campo.
O premio segue en pé, está aberto a novas convocatorias que nos van achegar outras voces e outros mundos que engaiolarán ao lectorado.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.