O incendio no pesqueiro Awadi en Ribeira podería tardar varios días en extinguirse

02 Setembro 2025


No porto de Ribeira continúan os labores de extinción do incendio declarado onte no barco arrastreiro Awadi, unha embarcación de 50 metros de eslora, con bandeira mauritana e propiedade dun armador de Compostela.

O buque aparece escorado á estribor probablemente pola cantidade de auga utilizada la extinción

O alcalde de Ribeira explicou á Televisión de Galicia que os traballos están a ser “moi complicados” e advertiu de que poderían prolongarse varios días debido á intensidade do lume e ás dificultades para controlar as lapas.

Segundo as primeiras investigacións, o incendio puido orixinarse durante uns traballos de mantemento e soldadura, probablemente por unha faísca. As chamas, iniciadas na zona das adegas, propagáronse con rapidez por toda a embarcación.

Na zona traballa un amplo dispositivo composto polos bombeiros de Ribeira e de Boiro, así como embarcacións de Salvamento Marítimo. Afortunadamente, non se rexistraron feridos.

A principal preocupación agora céntrase en dous riscos: por unha banda, o impacto ambiental que podería xerar o vertido de materiais á auga, e por outra, a posibilidade de que o Awadi afunda pola gran cantidade de auga acumulada no seu interior durante as tarefas de extinción.

Foto Manuel Dominguez

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.