O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou este mércores na celebración do 15º aniversario do centro de día de Rois. Durante a tarde, Rodríguez conversou cos maiores que asisten a diario a este recurso e coñeceu de primeira man as actividades que realizan.
O centro conta con 40 prazas específicas de atención diúrna e está dotado de espazos diferenciados para o descanso e para a realización de programas orientados á prevención da dependencia e do deterioro cognitivo.
O xerente puxo en valor o traballo do persoal do centro, que acompaña cada día ás persoas usuarias e contribúe a mellorar o seu benestar.





