O Concello e a directiva e o ANPA do IES Porto do Son coordinan o comezo do curso escolar e as obras de reforma no pavillón

04 Setembro 2025

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e os concelleiros de Deportes, Carlos Lorenzo, e de Benestar Social, Jose Luis Lijó, reuníronse este mércores 3 de setembro e coa directiva e co ANPA do IES Porto do Son para coordinar o comezo do curso e informar sobre as obras de reforma que se levarán a cabo no pavillón municipal.

O rexedor trasladou o reporte facilitado por parte da Consellería de Educación que informa sobre o proceso da actuación na instalación deportiva, así como tamén comunicou que se vai licitar por anticipado de gasto no mes de outubro. Oujo tamén sinalou que “a previsión e o noso obxectivo é que as obras de reforma do polideportivo dean comezo na maior brevidade posíbel”.

“Está é unha obra moi necesaria, xa que este recinto deportivo necesita dunha actuación para responder á demanda existente no termo municipal xa que nestas instalacións practícanse unha ampla variedade de disciplinas deportivas e da servizo a moitos veciños e veciñas”, finalizou Oujo.

O Concello pon a disposición instalacións

Paralelamente, o Concello pon a disposición do instituto as instalacións municipais do polideportivo de Portosín e a piscina, para dar servizo aos ciclos medio e superior de Deportes durante o tempo que duren as obras.

Tras a reunión, a directiva e a ANPA do IES agradeceron a visita institucional e a información proporcionada, así como tamén a disposición das instalacións municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.