O Concello de Ribeira achega formación sobre o novo sistema de despacho e enrole marítimo

29 Setembro 2025

O Concello de Ribeira presentou este luns 29 de setembro unha iniciativa de formación que pon o foco no novo sistema de despacho e enrole marítimo.

“O sector marítimo é clave no desenvolvemento social e económico de Ribeira, constituíndo o medio de vida de moitas familias do municipio. A entrada en vigor do Regulamento de Ordenación da Navegación Marítima (RONM) no 15 de agosto de 2025 actualiza o sistema de despacho e enrole marítimo en España, o cal se traduce na dixitalización dos trámites coa finalidade de axilizar os mesmos e reducir a carga burocrática”, explicaron en rolda de prensa o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, e máis xefa de Distrito Marítimo de Ribeira, Leire Blanco. Así, “conscientes da incerteza e complexidade que pode xerar este novo modelo de xestión”, as dúas entidades (Concello e Distrito) organizan una xornada formativa dirixida a toda a xente do mar usuaria do referido sistema.

A sesión desenvolverase no sábado, 4 de outubro, en horario de 10.30 a 12.30 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas e non require inscrición previa pero será necesario o certificado dixital de cada patrón ou armador.

O edil Fernando Abraldes manifestou que esta iniciativa xorde para “resolver as dúbidas relacionadas cos trámites de despacho e enrole e ensinar aos mariñeiros a utilizar correctamente este novo sistema e evitar así que se orixinen incidencias como consecuencia de ser una novidade para o sector.”

Toman parte tamén deste evento a Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía OPP83 (Cooperativa del Mar Sta. Eugenia OPP83) e as Confrarías de Pescadores de Ribeira, Carreira-Aguiño e Palmeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.