O Concello de Padrón encarga un proxecto para converter a antiga escola de Pazos en vivendas sociais

30 Setembro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, informou da intención do goberno padronés de transformar o edificio da antiga escola infantil de Pazos en varias vivendas sociais. Para este fin, o Concello encargou xa a redacción dun proxecto que permita “volver dar vida e utilidade a este edificio que leva anos abandonado”.

O estado de deterioro e abandono no que se atopa o inmoble pode constatarse nas fotografías aportadas polo Concello.

A antiga escola de Pazos foi pechada pola Xunta no ano 2017 e, desde esa data, permaneceu sen actividade nin labores de mantemento, o que acelerou o seu deterioro.

O rexedor lembrou “que se trata da antiga escola unitaria co edificio máis grande das existentes no municipio”.

E engadiu que “tendo en conta a carencia de vivenda social en Padrón, semella axeitado e necesario devolverlle a utilidade a espazos que actualmente só aportan unha imaxe de decadencia”.

O proxecto contempla a posibilidade de albergar ata catro vivendas, dúas na planta baixa e dúas no primeiro andar. Non obstante, no caso de reservar parte do inmoble para uso público, a capacidade reduciríase a tres ou a dúas vivendas na planta superior.

Nunha próxima xira de xuntanzas do Goberno municipal coa veciñanza, o alcalde escoitará a opinión da veciñanza de Pazos a este respecto para que a actuación conte cun carácter participativo.

Con esta iniciativa, “reafirmamos dende o Concello o noso compromiso coa vivenda e coa recuperación do patrimonio municipal en desuso que os anteriores gobernos do Partido Popular deixaron completamente abandonados”, sinalou o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.