O Concello de Noia será este fin de semana a última parada da campaña de verán de doazón de sangue

11 Setembro 2025

O Concello de Noia acolleu esta a presentación da campaña de verán de doazón de sangue organizada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que estará este venres 12 e sábado 13 de setembro na vila. A unidade móbil situarase diante da Casa Consistorial o venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e o sábado de 10:00 a 15:00 horas.

Na rolda de prensa participaron José María Vázquez Estepa, responsábel de xestión de colectas de ADOS; María del Carmen Vázquez, secretaria da Asociación Noia Histórica; e o alcalde de Noia, Francisco Pérez.

José María Vázquez Estepa salientou que “a doazón de sangue é crucial porque o sangue ten data de caducidade e todos os días os hospitais galegos necesitan máis de 400 doazóns para atender as urxencias e operacións”. O responsábel de ADOS agradeceu a gran acollida que a campaña de verán tivo na cidadanía e animou á veciñanza de Noia a seguir colaborando.

Pola súa banda, María del Carmen Vázquez destacou que “desde Noia Histórica sempre estaremos abertos a colaborar con campañas desta importancia social, porque a saúde e a solidariedade son valores fundamentais que tamén queremos promover entre o tecido asociativo e comercial da vila”.

Finalmente, o Alcalde de Noia, Francisco Pérez, puxo en valor que “Noia é un concello líder en doazón de sangue, con case o dobre da media galega, e
queremos seguir avanzando por ese camiño”. Ademais, fixo referencia ao lema estival da campaña: “Este ano falábase de praias e toallas, pero xa comezou a chover e aquí o que fai falta é traer o paraugas. Iso si, o importante é que Noia volva amosar a súa solidariedade e que todo o mundo se anime a doar”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.