O Concello de Noia pon en marcha esta semana unha iniciativa de participación cidadá: a iniciativa O Goberno Escoita, cunha primeira parada en Ousoño. O obxectivo, en palabras do novo Executivo local, é “escoitar á veciñanza, recoller propostas e mellorar entre todas e todos o futuro de Noia e das súas parroquias”. Ao longo das vindeiras semanas, iranse anunciando novas reunións ao longo de todo o concello. Dende o Consistorio convidan á máxima implicación da veciñanza: “Se vives en Ousoño e queres coñecer de primeira man a situación do Concello, facer suxestións ou aportar ideas directamente ao alcalde e ao equipo de Goberno, é o momento”. A cita este mércores 17 de setembro, ás 19.00 horas, no Local Social de Ousoño.




