O Club de Remo da Pobra embárcase na organización do Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo de Mar

05 Setembro 2025

O Club de Remo da Pobra (Club de Remo Puebla) organiza, xunto á Federación Galega de Remo e en colaboración co Concello, o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo de Mar. A proba, na que se darán cita clubs de toda a Comunidade, celebrarase o domingo, 14 de setembro, na praia dos Areos. O paseo acolleu, esta mañá, a presentación oficial da cita, na que interviñeron a concelleira, Patricia Lojo, e o presidente do Club de Remo, Emilio Dieste.

Durante a súa intervención, a edil lembrou os últimos logros acadados polo Club, aos que cualificou como un “exemplo de traballo, dedicación e esforzo”. Nos últimos meses, o equipo de veteranas do Club de Remo da Pobra gañou a Liga Galega de Veteranas, o equipo de cadetes masculino converteuse en campión de España no Campionato de España de Traiñeiriñas e, ademais, o Club conseguiu varios metais no Campionato de España de Bateis.

Formato do certame

Na competición haberá as seguintes categorías en función da idade dos participantes: absoluto (3.000 metros), xuvenil (3.000 metros), cadete (2.000 metros), veterano (2.000 metros), infantil (1.000 metros) e alevín (700 metros).

Cada categoría ofrecerá a posibilidade de elixir a modalidade de participación, que virá marcada polo tipo de embarcación. Así, no Campionato de Remo de Mar veranse naves individuais e para parellas.

En canto aos horarios, o Campionato desenvolverase en horario ininterrompido entre as 10.00 e as 16.35 horas, cando está prevista a saída das últimas embarcacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.