Francisco Pérez, alcalde de Noia, delegou no concelleiro Luís Alamancos as competencias de Policía Local e Seguridade Cidadá e Viaria. Segundo o rexedor, “Luis Alamancos conta coa experiencia necesaria para asumir estas responsabilidades e estou convencido de que fará unha xestión eficaz en beneficio da veciñanza”. Con esta delegación, o concelleiro pasará a coordinar áreas fundamentais para reforzar a seguridade cidadá, mellorar a mobilidade urbana e garantir o correcto ordenamento e seguridade das vías públicas.




