O 19 de setembro inaugúrase a 1ª Feira de Artes Plásticas Vila de Noia

17 Setembro 2025

A terceira fin de semana do mes de setembro vaise celebrar en Noia, no Claustro da Casa do Concello, a primeira Feira de Artes Plásticas Vila de Noia, “Camiño da Arte”, un punto de encontro de artistas locais que permitirá a veciños e visitantes coñecer o seu importante talento creativo. Celebrarase os días 19, 20 e 21 de setembro.

A inauguración está prevista para o 19 de setembro ás 19.00 horas, con exposición e venda os días 20 e 21 en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 16.30 a 19.30 horas).

A feira incluirá no seu programa unha homenaxe ao sobranceiro escultor noiés Felipe de Castro, no 250 aniversario do seu pasamento.

Segundo informou o Concello, as e os artistas que queiran participar na feira teñen até o 10 de setembro para facelo, a través da conta de correo cultura@concellodenoia.gal.

A feira, engaden dende o Consistorio, “está concibida para que os e as artistas da nosa localidade poidan expoñer a súa obra ao conxunto da veciñanza”.

As bases poden consultarse na web municipal.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.