Noia e Portosín, sedes do Campionato de Galicia Júnior de Ciclismo 2025

17 Setembro 2025

Este domingo 21 de setembro o Barbanza vivirá unha xornada histórica de deporte na rúa coa celebración do III Trofeo Portus Apostoli – Campionato de Galicia Júnior de Fondo en Estrada, organizado polo Picusa Academy en colaboración coa Peña Ciclista Noela.

A proba, que decide a camisola autonómica da categoría xuvenil, contará cun percorrido de 114,1 km con saída ás 10:00 h desde a Confraría de Portosín. O pelotón completará catro voltas ao circuíto urbano con epicentro na Alameda de Noia antes de afrontar o esixente ascenso a Vilacoba. O desenlace chegará sobre as 12:40 h, coa liña de meta situada na Alameda de Noia.

Un total de equipos galegos e tamén portugueses daranse cita nesta competición de máximo nivel autonómico, un evento que, en palabras do Concello noiés, “converterá Noia no corazón do ciclismo”. E engaden: “Convidamos a toda a veciñanza a saír ás rúas para animar aos corredores e gozar dunha festa deportiva que tamén é un escaparate para a nosa vila”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.