No Son, o Concello acondiciona accesos e infraestruturas en Baroña, Nebra, Queiruga e Noal

23 Setembro 2025

O mes de setembro está a ser un mes intenso nas parroquias de Porto do Son no que a traballos de acondicionamento de vías, infraestruturas, patrimonio e equipamentos se refire. As brigadas municipais, segundo foi confirmando nas redes o Concello ao longo do presente mes, puxeron o foco en mellorar estradas e infraestruturas co obxectivo de mellorar a seguridade de peóns e condutores e garantir o bo estado dos edificios públicos para o seu desfrute por parte da veciñanza.

Acondicionamento de accesos e camiños na parroquia de Baroña

Acondicionamento dos accesos do núcleo da Igrexa, na parroquia de Nebra, e da súa contorna natural.

Os campos de fútbol da SD Xuño e da U.D. Queiruga xa están preparados para a tempada que comeza.

Acondicionamento da contorna natural do IES de Porto do Son.

Acondicionamento de accesos e camiños na parroquia de Noal.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.