Localizan a vía de auga do arrastreiro Awadi, que segue ardendo no porto de Ribeira. O Concello pediu á veciñanza que evite achegarse á zona do porto comercial

02 Setembro 2025

O Concello de Ribeira pediu á veciñanza que evite achegarse á zona do porto comercial e que limite o contacto co fume xerado polo incendio, recomendando manter as fiestras pechadas.

Un equipo de mergulladores localizou este martes a vía de auga responsable da escora que sofre o Awadi, o arrastreiro de bandeira mauritana que arde desde a tarde do luns no porto de Ribeira.

Segundo confirmaron fontes da emerxencia, a entrada de auga producíase polo túnel de descarga do parque de pesca, o conduto polo que as capturas se introducen na adega desde a cuberta. Actualmente os traballos céntranse en taponar esa vía de auga, o que permitiría recuperar a flotación do buque.

TVG

Mentres tanto, continúan as labores para arrefriar o interior do pesqueiro, ao que resulta imposible acceder polas altas temperaturas acumuladas tras máis de 24 horas de lume. As bombas de achique seguen funcionando e un arrastreiro empurra o Awadi cara ao peirao para tentar darlle estabilidade, ao tempo que se procura alixeirar a súa carga.

Aínda que todos os esforzos están enfocados en evitar o afundimento, no porto xa están despregadas barreiras anticontaminación como medida preventiva. Os equipos de intervención asumen que os traballos de extinción e refrixeración poderían prolongarse durante varios días, xa que o buque almacena miles de litros de combustible e outros materiais inflamables.

O Concello de Ribeira pediu á veciñanza que evite achegarse á zona do porto comercial e que limite o contacto co fume xerado polo incendio, recomendando manter as fiestras pechadas.

O Awadi é un arrastreiro de 50 metros de eslora, propiedade dun armador compostelán, que se atopaba no porto ribeirense someténdose a tarefas de reparación antes de regresar á actividade pesqueira.

P

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.