Entregados os galardóns do Concurso de Decoración Artemar 2025 en Ribeira

09 Setembro 2025

O concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, percorreu esta mañá a rúa de Galicia para facer entrega dos galardóns do Concurso de Decoración Artemar 2025.

Nesta edición resultaron premiados tres establecementos situados na propia rúa pola que discorreu a feira: Papalarpadas, Fruterías Fresas e o Bazar de Oujo. Ademais, tamén se entregou un agasallo a un dos votantes, elixido por sorteo entre o medio centenar de papeletas cubertas, que correspondeu a Encarna Baleirón, ausente no acto.

A primeira parada foi na tenda de larpeiradas Papalarpadas, onde a responsable, María José Crujeiras, recibiu con alegría unha figura de porcelana abstracta. A continuación, no histórico Bazar de Oujo, o seu responsable, Álvaro Martínez, recolleu o galardón agradecendo a iniciativa e lembrando que o establecemento, aberto en 1942, participa cada ano con novas propostas. Por último, o recoñecemento chegou a Fruterías Fresas, onde Rosa Bello tamén amosou a súa satisfacción polo premio.

Tras a entrega, Suárez-Puerta felicitou aos comercios pola súa implicación e fixo unha valoración moi positiva da feira Artemar 2025, destacando que “este ano foi un auténtico éxito, acadamos unha nova marca de visitantes e cada vez participan máis postos, grazas tamén á nova disposición que permite non ocultar os escaparates do comercio local e fomentar sinerxías cun obxectivo común”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.