David Gómez e Sabela López conquistan a XVI Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

01 Setembro 2025

David Gómez de la Fuente (do Club Deportivo Pinarium) e Sabela López Castelo (Club Ourense Atletismo) conquistaron, a XVI Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal. Ambos conseguiron as primeiras posicións na modalidade absoluta, cubrindo os oitos quilómetros de circuíto en 23:45 e 28:04, respectivamente.

Na carreira tomaron parte unhas 600 persoas divididas en diferentes categorías en función da súa idade. Así, houbo espazo para os máis pequenos e pequenas pero tamén para os maiores, con participantes desde os 5 anos e adultos de máis de 65 anos. A maiores, houbo unha categoría de Sapatilla inclusiva dirixida a persoas con diversidade funcional que reuniu a unha vintena de deportistas.

A da Pobra, organizada Concello, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo, foi o pistoletazo de saída ao XI Circuito de Carreiras Populares Barbanza Arousa.

A David Gómez de la Fuente seguíronlle Amadeo Chaves Abal (do Amadeo Abal Nutrición Deportiva), Pablo Fariña Otero (do Atletismo Narón), Yago Ignacio García Sainz e Francisco Javier Ascanio Baso. Na categoría feminina, Ainoa Iglesias Gontán (S.D. Compostela Atletismo) fíxose co segundo posto, Lara López Castro acadou o terceiro, Karyna Yevtushenko o cuarto e Sofía Otero Freaza (Comesaña Sporting Club) conseguiu a quinta posición.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.