CONGALSA reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade sumándose á campaña ODS por Bandeira

29 Setembro 2025

CONGALSA, empresa galega de referencia na elaboración de produtos do mar conxelados, volveu ratificar o seu compromiso coa Axenda 2030 de Nacións Unidas participando na campaña ODS por Bandeira, impulsada polo Pacto Mundial da ONU España. Con esta acción, a compañía alimentaria con sede principal na Pobra do Caramiñal, reforza publicamente a súa adhesión aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) e visibiliza a súa aposta por un futuro máis xusto e respectuoso co medio ambiente.

A iniciativa, enmarcada na campaña internacional #TogetherfortheSDGs, ten como obxectivo “unir a empresas, institucións e cidadanía ao redor dun mesmo símbolo: a bandeira dos ODS”. O xesto de alzala non é só un acto simbólico, senón “unha declaración pública de compromiso colectivo cos 17 obxectivos que marcan a folla de roteiro mundial cara a 2030”, lembran dende CONGALSA.

Izando a bandeira dos ODS

Para dar visibilidade a esta iniciativa, un grupo de traballadores e traballadoras da compañía CONGALSA izou este luns 29 de setembro, nun acto simbólico, a bandeira dos ODS. Con este xesto, a empresa quixo poñer en valor a importancia de actuar de maneira conxunta para afrontar os grandes retos globais: desde o cambio climático ata a desigualdade, pasando pola saúde ou a produción responsible.

“Para CONGALSA, aliñar a nosa estratexia cos ODS é parte esencial xa que apostamos pola sustentabilidade desde unha tripla vertente –social, económica e ambiental–, priorizando resultados que teñan en conta o benestar das persoas e da contorna no que operamos”, explicou Isabel Cañas, directora de Relacións Externas.

E engadiu: “A campaña #ODSporBandera representa así unha oportunidade para que CONGALSA e outras organizacións visibilicen o seu compromiso e contribúan á consecución dos ODS, axuntando esforzos máis aló de fronteiras, nacionalidades ou sectores”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.