Conclúe con visitas á Lonxa de Ribeira un proxecto (PESCA-HAB) con 30 persoas formadas en xestión pesqueira sostíbel

29 Setembro 2025

A consultora galega Sinerxia, referente na innovación e no emprendemento no sector alimentario ligado ao mar, concluíu o proxecto PESCA-HAB (Capacitación para a sustentabilidade na xestión pesqueira) tras catro meses de formación en Galicia e Andalucía, nos que 30 persoas en situación de desemprego desenvolveron competencias técnicas mediante formación híbrida e actividades prácticas. As sesións finais e os actos de entrega de diplomas celebráronse o 19 e o 23 de setembro en Andalucía e Galicia, respectivamente.

Nos vindeiros días, dúas das persoas participantes incorporaranse ao equipo de Sinerxia como especialistas en sustentabilidade e en investigación de recursos naturais e biodiversidade mariña.

Este proxecto está co-financiado polo FSE a través do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

PESCA-HAB combinou formación online e presencial cun forte compoñente práctico: visitas a lonxas (Ribeira e Conil), saídas a reservas mariñas de interese pesqueiro como Os Miñarzos (Lira) e actuacións na contorna de Cabo Roche e Cabo Trafalgar, ademais de simulacións de proxectos, traballos de consultoría aplicada e presentacións públicas. Estas actividades permitiron ao alumnado coñecer a xestión cotiá do sector e aplicar coñecementos en contextos reais.

A formación, desenvolvida entre maio e setembro de 2025, tivo unha dobre vocación: capacitar profesionalmente a persoas desempregadas e facilitar a súa inserción laboral nun sector que demanda perfís especializados en sustentabilidade e investigación. A selección do alumnado realizouse priorizando criterios de equidade e territorialidade, en liña coas directrices do Programa Empleaverde .

Coa incorporación dos dous novos profesionais, Sinerxia reforza o seu “compromiso coa sustentabilidade e a innovación no sector pesqueiro”. Este paso permitirá á entidade seguir ofrecendo un acompañamento especializado e de calidade aos seus clientes, á vez que contribúe a un sector máis responsable, eficiente e conectado cos retos actuais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.