Comezan as obras para a conversión a herba artificial do Campo da Mina, en Lampón

11 Setembro 2025

O Concello de Boiro iniciou as obras para conversión a céspede artificial o Campo de Mina, en Lampón. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron na mañá deste 11 de setembro o lugar para coñecer o estado de execución das obras. Con esta actuación o que se busca é converter o actual terreo formado de árido e con desniveis importantes a un campo de fútbol de céspede artificial dunhas dimensións exteriores de 100×56 metros.

Ademais do propio terreo de xogo, instalaranse parabalóns e as varandas laterais, así como unha mellora dos accesos ao terreo de xogo.

Para levar a cabo esta actuación estase a realizar a retirada do material deportivo existente e demolición do muro, escavacións e movementos de terra para executar unha canle de formigón que recolla as augas da choiva, así como a instalación de colectores de saneamento e unha rede de drenaxe para instalar finalmente e rede de rego e o acabado con herba artificial. O orzamento total do proxecto ascende aos 673.325,59 euros e para levalo a cabo o Concello de Boiro conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o POS+ adicional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.