Carmen Domech leva a Escarabote a historia do Grúfalo, este xoves ás 20h

02 Setembro 2025

O Centro Social de Escarabote vai dar acollida esta semana a un divertido espectáculo para a rapazada: a historia de O Grúfalo contada por Carmen Domech dentro do programa Ler Conta Moito. Será este xoves 4 de setembro a partir das 20.00 horas, con entrada libre.

O espectáculo O Grúfalo está baseado no texto do libro de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffer para o deseño dos monicreques.

Conta a historia dun ratiño que pasea pola fraga e se atopa cun raposo, cun moucho e cunha serpe. Os tres queren papalo. O enxeñoso ratiño crea un monstro imaxinario para sobrevivir. E cal é a súa sorpresa cando ve fronte a el a súa fantasía feita realidade. E con ganas de merendar… ratiños, por exemplo. Pero, o noso rato coa súa intelixencia, valentía, astucia e confianza en si mesmo sobrevivirá a todos eses depredadores máis feroces e fortes ca el.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.