Ambar estrea o seu ecommerce poñendo en valor a artesanía dos seus obradoiros e fomentando a inclusión social e laboral

30 Setembro 2025

Ambar, asociación da nosa comarca centrada na inclusión de persoas con diversidades funcionais, anunciou este 30 de setembro o lanzamento oficial do seu primeiro ecommerce solidario, dispoñíbel a través da páxina web oficial da entidade. Ambar explica que esta nova canle de venda online “nace co obxectivo de amplificar o alcance e a visibilidade dos produtos artesáns únicos elaborados nos diferentes obradoiros ocupacionais da entidade, como cestaría, encadernación ou xabóns”.

O lema que acompaña o lanzamento subliña a misión da asociación: Impulsando Vidas Independentes en Comunidade. Detrás de cada peza hai o traballo, o talento e a autonomía das persoas con diversidade funcional que participan nos obradoiros.

A asociación explica que esta tenda en liña “non é só unha tenda, é unha xanela que mostra o potencial e a profesionalidade dos nosos artesáns, onde cada compra é un apoio directo e fundamental para incrementar a autonomía e a participación social das persoas usuarias do centro”.

A venda destes produtos solidarios contribúe directamente ó mantemento e á ampliación dos programas de emprego e formación da asociación, poñendo en valor o traballo manual e a artesanía galega.

Para celebrar a apertura, Ambar preparou unha promoción especial: as 20 primeiras compras realizadas na tenda en liña recibirán un agasallo sorpresa adicional no seu paquete. Con esta iniciativa búscase “incentivar as primeiras visitas e premiar a colaboración máis inmediata”.

A Asociación Ambar convida a toda a cidadanía, empresas e institucións a visitar o novo espazo de venda e “a mercar con propósito, apoiando a inclusión social e laboral no Barbanza”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.