AGADEA e o Concello do Son achegou á veciñanza do Son á realidade das persoas que padecen alzhéimer e as súas familias

23 Setembro 2025

No marco do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora cada ano o día 21 de setembro, a Asociación AGADEA Alzheimer Ribeira realizou unha mesa informativa no Centro de Saúde de Porto do Son, para concienciar e sensibilizar á veciñanza sobre esta enfermidade que afecta a milleiros de familias en Galicia

Así, o pasado venres, 19 de setembro, instalaron un stand informativo no centro sanitario co obxectivo de achegar a realidade das persoas que conviven co alzhéimer e outras demencias, resolver dúbidas e ofrecer recursos de apoio ás persoas coidadoras e ás familias, ademais de visibilizar a importancia da investigación e da solidariedade da cidadanía.

O Concello lembrou tamén que a veciñanza ten ao seu dispor un novo servizo de estimulación terapéutica para persoas con demencia, promovido pola propia AGADEA co apoio do Concello e financiado pola Deputación da Coruña a través do POS Social. “Este novo recurso supón un paso adiante na atención comunitaria no rural, ofrecendo atención profesional, especializada e de proximidade para persoas con deterioro cognitivo e apoio integral ás súas familias”, informou o Concello, recordando os días de atención do servizo (luns, mércores e venres), o horario (de 09:30 a 13:30 h) e o lugar (o Viveiro de Empresas).

Cóntase co apoio directo dunha terapeuta ocupacional e unha xerocultora do equipo de profesionais de AGADEA. Este servizo é 100 % gratuíto e ofrece ata o 30 de novembro actividades terapéuticas, atención psicolóxica individual, escola de familias e servizo de fisioterapia

O novo servizo está especialmente deseñado durante a etapa inicial de funcionamiento para sensibilizar sobre o dereito á atención da Lei de Dependencia e asentar un servizo estable e adaptado ás necesidades reais da comunidade nunha nova aposta por achegar os coidados das demencias ao territorio, con calidade, dignidade e acompañamento real.

Para máis información ou inscricións:

Área de Benestar Social municipal

672 70 50 53

cdiaribeira@xunta.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.