A Pobra volverá celebrar o seu Xantar de Confraternidade coa previsión de reunir a 750 maiores do concello e da comarca

18 Setembro 2025

Un punto de reunión e encontro para os veciños e veciñas de máis de 60 anos. Así foi como a concelleira de Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal, Estefanía Ramos, definiu o Xantar de Confraternidade: “trátase dunha cita xa consolidada e imperdíbel para os máis maiores”, explicou. Tanto é así, que o Concello prevé chegar ás cifras de asistencia de edicións anteriores, reunindo a unhas 750 persoas de todas as parroquias e mesmo doutros puntos da comarca. O evento celebrarase o venres, 17 de outubro, ás 14.00 horas no polideportivo municipal da rúa Venecia.

Durante a súa intervención, a concelleira incidiu na importancia deste tipo de encontros, cos que “se fomenta a vida social dos nosos maiores, que aproveitan esta Xuntanza para reencontrarse con veciños de todo o concello e mesmo con outros de fóra aos que é posíbel que non vexan de xeito habitual”.

Desta volta o menú constará de dous mariscos, peixe, carne e unha sobremesa. Así mesmo, haberá café e bebidas variadas para os e as comensais. “O Xantar de Confraternidade ofrecerá boa comida, pero tamén boa música para amenizar a xornada”, informaron, engadindo que o grupo Trécola será o encargado de pór o toque musical no momento da recepción e, xa pola tarde, o baile correrá a cargo de Mar Davila Music.

Inscricións

Con respecto a outras edicións, o Concello incorporou unha novidade en canto ás inscricións, dándolles prioridade aos pobrenses. Deste xeito, habilitaranse dous períodos para anotarse. O primeiro, para as persoas empadroadas na Pobra, estará dispoñible desde o martes, 23 de setembro, ao venres, 3 de outubro (ambos incluídos). O segundo, para os de fóra, estará aberto do luns, 6 de outubro, e o venres, día 10 (ambos incluídos). As entradas poderán adquirirse nas oficinas municipais (de 9.30 a 14.00 horas). O prezo será de 18 euros por persoa e o pago realizarase, preferentemente, con tarxeta bancaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.