A Pobra remitirá por terceira vez á Xunta a documentación pola vertedura da Ribeiriña

26 Setembro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal volverá enviar á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a documentación requirida pola vertedura da Ribeiriña, despois de facelo xa en dúas ocasións durante o mes de abril.

Segundo informa o goberno local, o expediente fora elaborado polo persoal técnico de Urbanismo e Medio Ambiente e remitido á Xunta o 8 de abril, pero o envío foi rexeitado polo alto volume dos arquivos. A operación repetiuse o 29 do mesmo mes, sen que desde entón o Concello recibise resposta oficial máis alá das declaracións difundidas polos medios de comunicación.

O equipo de goberno indica que os servizos técnicos municipais xa están a traballar para realizar por terceira vez o trámite e reclama á Administración autonómica maior axilidade para atopar unha solución a este problema medioambiental.

Desde o Concello lembran que as competencias para actuar na Ribeiriña corresponden a Costas e á Xunta de Galicia, e insisten na necesidade de intervir con urxencia para resolver esta situación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.