A Deputación da Coruña apoia con preto de 57.000 euros a modernización da actividade das confrarías de Noia e Muros

02 Setembro 2025

A Deputación da Coruña reforza o seu compromiso co sector pesqueiro e marisqueiro provincial cunha achega global de 56.691,80 euros destinada ás confrarías de pescadores de San Bartolomeu de Noia e Muros.

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, visitou ambas entidades este 2 de setembro para coñecer de primeira man o traballo que desenvolven e os proxectos financiados polas axudas provinciais, que forman parte do programa dotado cun orzamento global de 800.000 euros para apoiar confrarías e agrupacións de mariscadores.

No caso da Confraría de Pescadores de Noia, a institución provincial aprobou dúas liñas de apoio: 19.000 euros para o mantemento do persoal das oficinas centrais, esencial para a xestión administrativa, atención ao socio, facturación e coordinación con administracións e entidades colaboradoras.

Por outra banda, 13.691,80 euros destináronse á adquisición de novos equipos informáticos e a creación dun punto de acceso dixital, co obxectivo de facilitar aos máis de 1.500 usuarios da entidade e confrarías vinculadas (Muros, Portosín e Porto do Son) ferramentas modernas para realizar trámites electrónicos e mellorar a comunicación interna.

Pola súa parte, a Confraría de Muros recibirá unha achega de 24.000 euros para o proxecto de mellora da comercialización dos recursos non marisqueiros. A iniciativa busca perfeccionar o servizo de poxa, venda e etiquetado de peixe e crustáceos na lonxa, consolidando o uso da marca Pesca de Rías, de onde senón? e promovendo a sustentabilidade do sector.

Segundo destacou Cristina Capelán, “o mantemento do persoal administrativo e a incorporación de novas tecnoloxías son imprescindíbeis para garantir o futuro das confrarías e mellorar a comercialización dos seus produtos, reforzando a viabilidade económica e social dun sector estratéxico para a nosa provincia”.

As confrarías beneficiarias subliñaron a importancia destas axudas, que permiten manter empregos directos, apoiar a innovación e dar continuidade á cooperación con outras entidades da ría de Muros e Noia, nun modelo de xestión compartida que garante a protección e valorización dos recursos mariños.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.