A conselleira do Mar analiza con FEPMAR os retos de futuro do sector mexilloeiro da ría de Arousa

03 Setembro 2025

Villaverde reúnese coa Federación de Produtores Mexilloeiros da Ría de Arousa para estudar novas liñas de colaboración

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este mércores en Santiago de Compostela un encontro cos representantes da recentemente creada Federación de Produtores Mexilloeiros da Ría de Arousa (FEPMAR). O obxectivo da reunión foi analizar as necesidades do sector e explorar posíbeis liñas de colaboración para reforzar a actividade mexilloeira, a principal da acuicultura galega.

A FEPMAR constituíuse o pasado mes de maio e integra arredor do 40% das 3.300 bateas existentes en Galicia, a maior parte delas situadas nas Rías Baixas.

Villaverde puxo en valor o traballo conxunto entre sector e Administración para facer fronte a retos como a valorización do produto ou o impacto do cambio climático nas zonas produtivas. Neste sentido, destacou o labor dos centros de investigación autonómicos como o INTECMAR, encargado de garantir a seguridade e calidade do mexillón, e o CETMAR, que impulsa proxectos como Apromex ou Capacitamex para mellorar a sustentabilidade e competitividade da actividade.

A titular de Mar subliñou tamén o liderado galego na produción de mexillón a nivel europeo, cunha cota do 44,6% que sitúa a España como terceira produtora mundial, só por detrás de China e Chile. No ano 2024, Galicia produciu case 179.000 toneladas, cunha facturación superior aos 128 millóns de euros, un 7,6% máis que no 2023. Do total, o 73% destinouse ao mercado en fresco e o 27% á industria transformadora.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.