As Rías Baixas e a comarca de Santiagoterán este venres unha xornada marcada pola continuidade da masa de aire cálido en superficie, que manterá as temperaturas en valores elevados pero sen grandes variacións respecto aos últimos días.
Durante a mañá, o ceo presentarase con nubes altas que non impedirán a presenza do sol, deixando unha atmosfera luminosa e calorosa
Na comarca de Santiago, o ambiente manterase seco e con ceos entre despexados e parcialmente nubrados, mentres que nas Rías Baixas poderá rexistrarse a aparición de brétemas costeiras puntuais, especialmente nas primeiras e últimas horas do día.
O vento será frouxo de dirección variable en terra, con predominio do nordés moderado no litoral norte. En áreas máis abertas á costa, como o litoral de O Salnés ou a ría de Arousa, podería notarse unha lixeira brisa mariña nas horas centrais.
As temperaturas seguirán sen cambios significativos, con máximas que poderían superar os 30 °C en puntos do interior mentres que nas zonas costeiras os valores serán algo máis suaves pero igualmente cálidos(28 graos).

O noso mar, Vento do sudoeste á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.



