UCIN Galicia esixe melloras urxentes nas conexións de Noia: “Non podemos seguir illados”

05 Agosto 2025

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, trasladou publicamente a preocupación do seu partido pola falta de conexións viarias e de transporte público que afectan gravemente á vila de Noia. Nun comunicado, UCIN denuncia que a localidade continúa a vivir “illada” e reclama medidas urxentes para reverter esta situación que consideran “un freo ao desenvolvemento económico e social do municipio”.

Segundo Calo, Noia segue sen contar con un acceso axeitado á autovía do Barbanza, nin con conexións eficaces con localidades próximas como Porto do Son, Boiro ou Ribeira. Ademais, a exclusión de Noia da área de transporte metropolitano de Galicia dificulta a mobilidade diaria de centos de persoas.

Consecuencias dun illamento estrutural

Desde UCIN Galicia alertan de tres consecuencias directas desta situación:

  • Dependencia do coche privado, que complica o acceso a servizos básicos en outras localidades.
  • Prexuízos económicos para as empresas e o pequeno comercio local pola dificultade de atracción de clientela e de loxística.
  • Fuga da mocidade, que marcha na procura de oportunidades laborais e educativas ante a falta de alternativas locais.

Propostas concretas

O partido presenta tres medidas principais para solucionar esta problemática:

  1. Mellora dos accesos á autovía do Barbanza, para garantir desprazamentos seguros e dinamizar a economía local.
  2. Reforzo da rede viaria e do transporte con municipios veciños, apostando por unha mobilidade comarcal eficaz.
  3. Inclusión inmediata de Noia na área de transporte metropolitano de Galicia, mediante un convenio coa Xunta que permita mellorar frecuencias, tarifas e cobertura do transporte público.

“Non podemos seguir sendo un recuncho esquecido”

José Luis Calo fixo un chamamento a todas as administracións para que “deixen de mirar para outro lado” e situou esta demanda como unha cuestión de xustiza territorial:

“Noia non pode seguir sendo un recuncho esquecido do mapa. Merece ser un nó clave na rede de mobilidade galega. Esta non é só unha demanda técnica, é unha esixencia de dignidade para a nosa xente”, subliñou o coordinador de UCIN Galicia.

UCIN remata apelando ao apoio cidadán para seguir reclamando un futuro mellor e máis conectado para Noia

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.