“Traballo e salario”. Luís Celeiro

14 Agosto 2025

O noso é un país que foi de emigrantes. Moitos sabemos como golpea no corazón de cadaquén e na alma do pobo ese duro mazo da fame e da miseria, que obrigaba á nosa xente a arrear polo mundo, na procura dun anaco de pan para facer sopas con auga quente e sen unto, como levaban as que comían na casa, unha vez ao día ou cada segundo día. Emigraron milleiros, miles de milleiros dos nosos galegos que, cunha man diante e outra detrás, foron a establecerse e traballar onde podían. Foron polo mundo adiante e moitos non puideron volver.
Segundo escribe José Ramón Campos, entre 1885 e 1930, uns novecentos mil galegos emigraron a países de América, “máis do cincuenta por cento da emigración española”. Embarcaban nos portos da Coruña, Vilagarcía-Carril ou Vigo e facían a travesía en condicións difíciles, moitos deles non sabían a onde se dirixía aquel barco enorme, máis grande que calquera das casas do lugar que deixaban. Ían para Cuba, Porto Rico ou México, para Brasil, Arxentina e Uruguai, para onde estivera un veciño agardando a chegada. Para aqueles países que querían man de obra barata de xente traballadora, para os servizos, para a industria e para o que fose.
Cando se presenta a crise mundial de 1929, con aquela redución do comercio, mingua tamén o fluxo migratorio e establécense controis da emigración. Sobre as orixes daquela crise, algúns estudosos atribúena á superprodución e hai quen pensa que foi provocada polas desigualdades sociais, ao existir unha numerosa clase traballadora mal pagada e, xa que logo, sen capacidade adquisitiva. Os actuais lideres sociais e políticos deberían repasar a historia, para non repetir erros que poden costar caros, outra vez máis.
A emigración galega, ata xa ben entrado o século vinte, era maioritariamente masculina. A nosa sociedade tiña unha estrutura sexista e as mulleres deberían ir acompañadas dun familiar ou seren reclamadas dende o país de destino. 
Eran aqueles tempos. Por certo, parecidos aos tempos dos inmigrantes que se achegan agora a Galicia ou a Europa. Os galegos que marchaban, moitos deles analfabetos, tiñan unha idade media entre dezaoito e vinte anos, máis ou menos, como os inmigrantes de hoxe. Neste caso, a Tía Manuela entende que “é necesario o respecto mutuo, traballo e salario”.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.