Teresa Villaverde e Belén do Campo pechan o obradoiro de emprego dual de Noia e Lousame, edición 2024

29 Agosto 2025

A alcaldesa de Lousame e a delegada da Xunta, Teresa Villaverde e Belén do Campo, clausuraron este 28 de agosto o obradoiro de emprego organizado polos Concellos de Noia e Lousame, no que se formaron a 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Tamén participaron no peche deste obradoiro de emprego dual Noia-Lousame 2024, centrado na especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, a concelleira de Educación de Lousame, Ana García, e o ex-alcalde de Noia, Santiago Freire.

Belén do Campo destacou que “este taller de emprego péchase despois de 9 meses, grazas a un investimento da Xunta de máis de 422.000 euros, no que as alumnas e alumnos realizaron máis de 15 tarefas de conservación e mellora de montes nestes 2 concellos”.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, resaltou a importancia deste tipo de programas formativos que facilitan a empregabilidade do alumnado participante. Ademais incidiu da idoneidade na elección das especialidades, así como o apoio municipal nesta actividade que foi todo un éxito.

Neste obradoiro realizáronse intervencións de roza, poda, eliminación de especies invasoras e retirada de árbores en Lousame, concretamente nas Minas de San Finx, no Bosque do Neno-A Silva, no Monte de San Lorenzo, e nas parcelas da Casa do Concello, do Centro de Día municipal, do Local Social de Vilacoba e do Centro de Saúde, entre outras. En total 7 actuacións neste municipio.

Ademais, tamén levaron a cabo tarefas de roza, poda e eliminación de especies invasoras en espazos de Noia como a Praza de San Lázaro, a Praza de Bergondo, no entorno do Local Social da Barquiña ou no Paseo Marítimo e na rúa Antón Avilés, entre outros espazos. En total os alumnos realizaron 8 actuacións neste concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.