Teatro Ghazafellos achega este martes á rapazada de Boiro o espectáculo “H2…Oh!”

18 Agosto 2025

Este martes 19 de agosto praia Xardín (en Boiro, a carón do Edificio das Colonias) vai dar acollida a un espectáculo infantil e familiar: H2…Oh!, de Teatro Ghazafellos. Será ás 12.00 horas e de entrada libre.

H2…Oh! é un laboratorio científico teatralizado; unha proposta chea de curiosidades científicas e humor dirixida a todos os públicos.

Baseada no libro homónimo de María Canosa gañador do Premio Follas Novas 2021 á mellor publicación de divulgación, a función H2…Oh! está protagonizada pola propia autora en calidade de divulgadora científica e o matrimonio Curie (Teatro Ghazafelhos). Entre as tres achegan información científica singular como, por exemplo, que os paxaros foron os inventores dos cascos ou porque o número Pi non remata nunca.

Outros artigos

A creatividade dos escolares de Ribeira volverá ilustrar o Nadal

O Concello de Ribeira lanzou unha nova edición do Concurso Escolar de Deseño de Cartel e Postal de Nadal no que, unha vez máis, a creatividade da rapazada volverá ser a protagonista. Este certame repartirá 300 euros baixo o formato de bonos para mercar no comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.