Seis persoas rescatadas nun incendio nun edificio da Pobra do Caramiñal

27 Agosto 2025

Seis persoas tiveron que ser rescatadas polos bombeiros este luns á tarde debido a un incendio declarado nun edificio da rúa Rafael Calleja, na Pobra do Caramiñal. O lume, que se iniciou arredor das 16:40 horas, quedou finalmente extinguido, aínda que causou danos na sala e no corredor da vivenda onde se orixinou, ademais de provocar acumulación de fume en varias vivendas do inmoble.

Nun primeiro momento, dúas persoas permanecían no interior do piso afectado, pero conseguiron saír ao exterior polos seus propios medios. Outros veciños quedaron atrapados polas intensas lapas e o fume nas escaleiras, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros para evacualos.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Boiro e Ribeira, así como a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil da Pobra. O helicóptero medicalizado con base en Santiago chegou a tomar terra preto da zona, mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

As seis persoas rescatadas foron atendidas polos servizos sanitarios no propio lugar, aínda que ningunha precisou ser trasladada a un centro hospitalario.

O operativo concluíu tras a extinción das lapas e a ventilación do edificio para garantir a seguridade dos veciños.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.